Terá lugar na praza Maior do 21 ao 23 de setembro.

Verín celebra a cuarta edición da feira da Cervexa Artesá e Artesanía Medieval

A concelleira de Turismo, Comercio, Balnearios e Transportes de Verín, Purificación Caldelas, e o director de Adiccag (Asociación para a Divulgación da Cultura da Cervexa Artesá), Pablo Casanova, presentaron na casa consistorial o programa da IV Feira da Cervexa Artesá e Artesanía Medieval, organizado por Adiccag en colaboración co Concello, que se celebrará en Verín os días 21, 22 e 23 de setembro na praza Maior.

«Desde o grupo de goberno», salientou Caldelas, «seguimos apostando firmemente por esta iniciativa xa que, como vimos confirmado en edicións anteriores, o éxito de participación que ten esta feira convértea nunha excelente oportunidade para potenciar o comercio local e poñer en valor os nosos produtos gastronómicos e artesanais».

Segundo explicou o director de Adiccag, nesta edición da feira estarán presentes cinco fabricantes de cervexa artesá e un de hidromel: Cervexa Monte Rei (Verín), Cerveja Trasmontana (Chaves), Cerveza Virtus (Burgos) Cerveja Celebridades(Aveiro), Cervexa Celebridade Galega (Verín), Hidromiel Ambrosía (Burgos), Cervexa La Castiza (Madrid) e Cervexa La Verbena (Valdemoro-Madrid). Tamén, coma en anteriores edicións, a feira contará con numerosos postos de artesanía medieval.

A entrada ao festival é gratuíta e as cervexas artesás terán un prezo popular de 2 euros a cana. Tamén estarán dispoñibles botellas e packs para a venda. Como novidade, ademais dos xa clásicos stands gastronómicos de polbo, mexillóns, empanada ou productos ecolóxicos, instalaranse tamén catro Food Tracks de comida xaponesa, creppes doces e salgados, pizzas e bocadillos de carne afumada.

En canto ás actuacións musicais, a Banda de Gaitas do Concello de Verín amenizará a xornada do venres 21, a partir das 19:00 horas, e o grupo “En Mala Hora” poñerá o broche musical o sábado 22, a partir das 21:00 horas.

Durante o festival haberá un percorrido cervexeiro no que se lle entregará ao participante unha papeleta que deberá cubrirse cos selos dos seis fabricantes cervexeiros. Os participantes terán os 3 días para completar a papeleta. O domingo, ás 20:00 horas, realizarase un sorteo entre entre todos os participantes que completaran o cartón no que se distribuirán entre os premiados 8 packs de cervexa artesá. Tamén se sortearán multitude de sobres con ordes de compra achegados polos comercios de Verín doados os establecementos de Verín.

Horarios
Venres 21
18 h: Apertura dos stands de cervexa e artesanía.
19 h: Apertura dos postos gastronómicos e actuación da Banda de Gaitas do Concello de Verín

Sábado 22
11 h: Apertura dos stands de cervexa e artesanía.
12 h: Apertura dos postos gastronómicos.
17 h: Curso de elaboración de cervexa artesá impartido por “Cervexa Monte Rei” (gratuíto).
19 h: Apertura dos postos gastronómicos.
21 h: Animación do grupo musical “En Mala Hora”.

Domingo 23
11 h: Apertura das stands de cervexa e artesanía.
12 h: Apertura dos postos gastronómicos.
19 h: Apertura dos postos gastronómicos.
20 h: Sorteo