A vila de Seixalbo pasará a ser o primeiro barrio cardioprotexido do concello de Ourense por iniciativa das propias persoas que residen no lugar, mediante a adquisición dun desfibrilador que estará a disposición dos servizos de emerxencia e de calquera usuario que o precise.
A adquisición do desfibrilador chegará grazas as aportacións voluntarias dos propios veciños.
Para financiar esta iniciativa, e para conseguir unha colaboración o máis horizontal e extensa posible, puxeron á venda unha pulseira polo prezo simbólico de tres euros, que poderá ser adquirida en calquera dos colectivos organizadores.
Idea
A idea inicial xurde dun xoven xogador do Club Deportivo Seixalbo, Pablo González, que inmediatamente foi asumida polo equipo.
Esta iniciativa conta co apoio da Asociación de Mulleres Rurais Santa Águeda, Mancomunidade de Montes en Mancomún e Asociación Veciñal San Breixo.