Nesta ocasión poñemos o foco na Semana da mobilidade e todos os actos que teñen lugar durante a mesma e conta cos peóns coma protagonistas. En canto ao deporte, a UD Ourense, de Terceira división, marcha na quinta posición. Esta fin de semena Verín acolle a IV Feira da cervexa artesá. Ademais, entrevistamos a Javier Outomuro, xerente do Restaurante A Taberna.
Abre a escola infantil do centro interxeracional, mentres que o centro de día abrirá a finais de ano. O Arqueolóxico xa ten licenza de obra concedida polo Concello ao Ministerio de Cultura. Jesús Vázquez repite como candidato á alcaldía de Ourense. Falamos con Daniel Guzmán e Julio Sotomayor, responsables de Nova, restaurante cunha estrela Michelín.
Na zona de Monterrei comezou a vendima. A ludoteca de Verín despídese do verán cunha festa de disfraces. Matrícula aberta para un curso de cata de mosto e viño sobre as variedades de Monterrei. Verín conta con cinco paneis informativos en puntos estratéxicos da vila.
Na provincia, a Deputación quere unha “Provincia Turística Intelixente”. Manuel Baltar, como presidente de Partenalia chega a un acordo con Arco Latino para reforzar a posición económica, social e de servizos públicos de 40 provincias en toda Europa.
En deportes, milleiros de ciclistas agardan a este domingo, 23 de setembro, ao Día da Bici que chega a súa 34ª edición. Atletas ourensáns destacaron no mundia máster.
Ocio e cultura, artigos e máis, no número 69 de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha