A celebración terá lugar os días 21, 22 e 23 de setembro.

A “Romaría da Saínza” revivirá o combate entre mouros e cristiáns en Rairiz de Veiga

O municipio de Rairiz de Veiga leva 175 anos a representar o tradicional combate entre mouros e cristiáns no marco da “Romaría da Saínza” que neste 2018 ofrecerá un completo e variado programa de actividades para tódolos públicos durante os días 21, 22 e 23 de setembro.

Programación
O programa de actividades dará comezo o día 21 de setembro, ás 13 horas, coa descarga de bombas de palenque para continuar, ás 17 horas, cos xogos populares no campo da festa, coa representación do combate de mouros e cristiáns con monicreques. Ás 18.30 horas será a quenda para o teatro amenizado polos nenos do municipio representando a obra “Pin-Pon” e, de seguido, ás 19.30 horas, serán as mulleres do concello as protagonistas da obra de teatro “Rúa da tranquilidade”. Ás 21 horas será o espectáculo de humor e maxia internacional e, desde ás 23.30 horas, haberá actuacións musicais.

Ao día seguinte, o sábado 22 de setembro, ás 12.30 horas será a III quedade de músicos tradicionais da Romaría da Saínza 2018 no campo da festa. Pola tarde, ás 18 horas será a VII edición de “O meu primeiro combate de mouros e cristiáns” no campo do castelo. Ás 19.30 horas, será a procesión ca Nosa Señora da Mercé desde a Capela da Saínza ata a Igrexa de San Xoán de Rairiz de Veiga. Ás 22 horas chegará a música á festa e ás 23.45 horas será o asalto ao Castelo por parte dos mouros, para continuar ás 00.30 horas, cos fogos de artificio no Castelo e con actuacións musicais.

O último día da Romaría, o 23 de setembro, comezará ás 11 horas coa descarga de bombas de palenque e, ás 12 horas, será o pasarrúas a cargo da Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense, seguida dos actos relixiosos. Ás 13 horas, celebrarase o tradicional combate de mouros e cristiáns no campo do castelo e, posteriormente, volverá a música a ser a protagonista.