Instaláronse en cinco puntos da vila.

Paneis informativos en Verín

O Concello de Verín crea cinco espazos públicos para pegado de cartelería en puntos estratéxicos da vila. A finalidade desta idea é mellorar a comunicación cos cidadáns, manter limpas as paredes da vila e reducir o uso innecesario de papel. Ademais, como explicaba a concelleira de Cultura, Emilia Somoza “hai colectivos sociais que non teñen acceso, ou simplemente non usan, as nosas plataformas informativas dixitais, co cal vemos necesario reforzar os recursos municipais de comunicación directa”.

Información
Estes paneis teñen dous reversos, un reservado a información municipal e outro dispoñible para a libre expresión dos veciños, favorecendo así a accesibilidade informativa a todos os colectivos sociais de Verín.