En categoría masculina Luis Iglesias foi o vencedor.

Disputouse a pasada fin de semana a carreira da Ponte do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” e deparou algunha sorpresa.
Na categoría absoluta esta proba supoñía o regreso de Iria Fernández (ADAS) a competición desde a carreira do Couto. Nunha carreira de menos a mais logrou ir adiantando a rivais ata facerse coa vitoria na liña de meta. Segunda sería Begoña Domínguez (Arenteiro), sendo terceira Vicky Losada a medio minuto da gañadora.
En homes, Rubén Diz (Ourense Atletismo) collía a primeira posición nos inicios da carreira ata, aproximadamente, a metade da mesma. A partir de aí falláronlle as forzas e viuse superado polos atletas do Atletismo Arenteiro Luis Iglesias (primeiro) e José M. Corral, segundo.
Na clasificación provisional, Rubén Diz e Vicky Losada dominan a categoría masculina e feminina, respectivamente.

A Carballeira
O domingo, 21 de outubro, celébrase a última proba do circuíto. Como é habitual as rúas da Carballeira porán fin a esta oitava edición. As carreiras darán comezo a partir das 11 horas.