A portada desta edición trae a primeira vitoria de Club Ourense Baloncesto no Pazo diante do Canoe. As inscricións para a Carreira do San Martiño -18 de novembro- xa están abertas. O Auditorio, Casas Consistorial e La Molinera contan con desfibrilador.
O potencial da Ribeira Sacra, un dos protagonistas do cumio termal europeo que tivo lugar en Ourense. Geoatlantic, finalista dos EnerTIC Awards; na modalidade SMART eGovernment. O OUFF celebrarase entre novembro e decembro; Deputación de Ourense, Concello e Xunta garanten a celebración da edición deste ano. O BNG pregunta polo albergue pechado do casco histórico. “Falta de certezas” para OUeC sobre a subvención da praza de Abastos trala reunión co subdelegado do goberno. Cruz Vermella reparte alimentos a preto de 5.000 persoas.
Todos os concesionarios oficiais da provincia, no 10º Salón do Automóbil que acolle Expourense; do 19 ao 21 de outubro será o Salón do Vehículo Novo e do 26 ao 28 o de Ocasión.
En Xinzo de Limia, Cruz Vermella celebra o encontro provincial en Xinzo; foi na Casa da Cultura e reunirónse 150 voluntarios. Obras no centro de saúde de Xinzo coas críticas do PSOE por non reclamar máis persoal. A Consellería do Medio Rural vén de aprobar o acordo da concentración parcelaria da zona de Castelaus.
En deportes, catro vitorias ourensáns en Terceira división de fútbol na pasada xornada de liga. O Ourense Envialia dobrega a domicilio ao Alcorcón, en Primeira división, e Sala Ourense logra a vitoria en Asturias, na Segunda B. Triunfo do Voleibol Ourense ante o Rivas de Madrid, na primeira xornada. Iván Feijoo comeza o curso no podio de Poio.
Artigos, clasificados e máis, nas páxinas de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha