O Pavillón de Riazor -A Coruña- foi a sede, o pasado 3 de novembro, do Campionato de Galicia de conxuntos de nivel absoluto.
As ourensás medíanse en catro categorías, cun conxunto benxamín, un alevín, dous júnior e un sénior, logrando o mellor resultado do club nun autonómica deste nivel. Lograron subir ao máis alto en tres das catro categorías nas que participaron.
As primeiras en saltar ao tapiz foron as benxamins, con mans libres, que foran campionas galegas de promoción no mes de xuño. O obxectivo do corpo técnico para estas xoves promesas (Martina, Lía, Maya, Xisela, Sheila, Grettel e Leire) non era máis que rodalas coas mellores para preparar o seu salto á competición nacional que, previsiblemente, terá lugar no 2019. Realizaron un bó exercicio no seu primeiro pase e con algúns erros no segundo e quedaron cuartas clasificadas.
Chegou o turno da categoría alevín, con cinco pelotas, na que Noa, Candela, María, Paula, Mariña, Claudia e Laura tiñan un duro competidor, o conxunto alevín do Club Maniotas, ximnastas de segundo ano e con excelente calidade. A pesares de todo, lograron o seu obxectivo, o ouro da categoría. Recuperando a regularidade que as ven caracterizando nos últimos anos, estas ximnastas de primeiro ano na categoría realizaron un exercicio case perfecto na primeira rotación e con algunha imprecisión na segunda.
Na categoría júnior (cinco cintas), Ourense estaba representado por dous conxuntos, Club Ximnasia Pavillón e Escola Ximnasia Pavillón. Non era un bó día para as cintas ourensás xa que había moita humidade, o que eleva o peso do aparato e modifica considerablemente a súa evolución no aire, condicións ás que non están acostumbradas as nosas ximnastas. O primeiro conxunto en competir foi o conxunto júnior do Escola Pavillón (Candela Díaz, Julia, Claudia, Sara, Uxía e Candela Pérez), que non están no seu mellor ano competitivo, sendo cuartas na clasificación xeral, aínda que no primeiro pase acadaran o terceiro posto, conseguindo competición tras competición unha melloría do seu exercicio que esperamos continúe nas vindeiras citas. O conxunto junior do Club Ximnasia Pavillón (Sabela, María, Rebeca, Paula, Sara e Lucía), tras unha tempada na que conseguiron estar no máis alto de Galicia na súa categoría en todas as citas autonómicas e nacionais, non tiveron o seu mellor día en competición, con algúns erros, a súa tenacidade e templanza ata o final conseguiu que lograran o seu obxectivo, ser campionas galegas, superando ó Club Acordes e Maniotas que ocuparon a segunda e terceira praza respectivamente.
Finalmente tocou o turno ás sénior, con cinco pares de mazas. Lorena, Candela, Uxía, Paula e Lidia, que compatibilizan a súa labor de ximnastas coa súa labor de adestradoras, realizaron un dos mellores pases da tempada na primeira rotación e con algún que outro erro na segunda, obtiveron o ouro, logrando manter tamén ese primeiro posto galego que veñan tendo últimamente, superando ó conxunto do Club María Barbeito.
Os cinco conxuntos acadaron a clasificación para o nacional absoluto de Pamplona no mes de decembro, aínda que o benxamín, por decisión técnica, non viaxará e pospón a competición nacional para o 2019.
Copa de España
Tres destes conxuntos do Club Ximnasia Pavillón (alevín, júnior e sénior), competirán o domingo día 11 na terceira fase da Copa de España en Murcia, na que se medirán co mellor da ximnasia nacional, precedidos os días anteriores, tamén en Murcia, polos dous conxuntos infantís pavillonistas no nacional de conxuntos de nivel base.