O parque Barbaña é, novamente, o lugar que o Concello de Ourense elexiu para a celebración do seu magosto popular. Será o día do patrón da cidade, o San Martiño, o domingo 11 de novembro. O magosto -declarada de interese turístico de Galicia en 2018- é unha das festividades de maior arraigo da cidade.
A fogueira comezará a arder ás cinco da tarde, e só media hora despois comezará a venda de billetes a un euro (a zona de cola, para a billeteira estará cuberta por unha carpa), para recoller o menú desde as 18 horas. En total repartiranse 2.000 bolos preñados (50 máis para celíacos), 1.000 quilos de castañas asadas, 100 botellas de viño e 1.600 de auga.
Actividades
Haberá tamén obradoi-ros infantís e animación musical a cargo dos Daniñas, que se encargará de acompañar a xente desde o centro da cidade ata o parque, e pola Agrupación AOFT Gomes Mouro.
Outros magostos
O técnico de Cultura, Álex Hermida, lembrou que para solicitar permisos para facer magostos populares dentro dos límites do Concello de Ourense, haberá que dirixirse á Concellería de Comercio. Se o lugar elixido para a celebración do magosto é o parque de Montealegre, a solicitude deberá dirixirse á concellería de Medio Ambiente.