Regresaba o futbol gaélico ó sintético da universidade, desta volta con gran ambiente nas gradas para ver o debut do equipo femenino do Auriense.
Con igualdade dende o primeiro minuto e intercambio de golpes na encontro feminino. O equipo local estivo por diante practicamente todo o encontro , pero as rapazas de Gondomar nunca lle perderon a cara ao partido, tendo sempre a opción da remontada. Cun final de infarto, o resultado cae do lado local por un 6-11 (29) vs 5-09 (24).
Posteriormente era a quenda dos rapaces. Nun partido igualado os primeiros 5 minutos, o Auriense mostrouse contundente e sentenciou o partido antes de chegar ao descanso, cunha vantaxe de 20 tantos. A intensidade do partido foi decrecendo no segundo tempo ata chegar ó final cun resultado para os locais de 8-19 (43) vs 0-09 (09).
A vindeira semana, choques importantes para o Auriense, que despraza a ambos equipos ata A Coruña, para xogar contra Fillos e Fillas de Breogán. Dous partidos que altura entre equipos da parte alta da clasificación.