Esta edición saca en portada á San Martiño, que tivo lugar o pasado 18 de novembro e na que participaron milleiros de atletas. En Verín xa hai convenio para converter á Fontenova no novo «pulmón verde» da vila do Támega. Seguindo en Verín, entrevistamos a Carlos Montero, director do Festival de Curtas de Verín; do 1 ao 9 de decembro a vila engalánase para acoller a terceira edición. A Deputación de Ourense realiza un acto institucional no que repatriaron os restos do galeguista Rodolfo Prada.
Barquero será, novamente, o candidato á alcaldía de Ourense polo PSOE. O alcalde pide a Fomento unha reunión para tratar a Variante Norte; o anterior goberno deixara o proxecto listo para a súa licitación.
A Xunta de Galicia forma a 33 novos especialistas en internacionalización. Por iso falamos con Vicente Bañobre, director da área de internacionalización de Roberto Verino e bolseiro en 2010 en Singapur.
Ourense e Verín presentaron os seus actos polo 25N «Día internacional contra a violencia de xénero». En Verín, o consistorio aprobou, provisionalmente, o orzamento 2018 que ascende a 10,8 millóns de euros. O concello abre o prazo de licitación para que as empresas interesadas presenten as súas ofertas e participar no concurso para o Centro de día municipal de Verín. Os vindeiros 8 e 9 de decembro, Verín acollerá na praza do Concello a cuarta edición da Feira de Nadal.
Expourense acolle tres feiras nunha fin de semana: Celebra, Bebega e Antiq Auria. Xa se coñece o cartel do OUFF que terá lugar do 29 de novembro ao 5 de decembro. As Casas do Maior da Xunta reforzarán a atención á veciñanza de Ourense de máis idade que vive en concellos rurais.
O kungfu pasou polo Paco Paz coa celebración da sétima Copa Deputación. En fútbol, a UD Ourense continúa invicta na Terceira división; Barco, Arenteiro e Ourense CF manteñen unha boa dinámica.
Artigos, clasificados, axenda e máis, no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha