O subdelegado de Goberno en Ourense, convocou unha reunión para atallar o problema de vertidos sobre o río Barbaña, na que asistiron o Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, o Secretario da Subdelegación, o Concelleiro de Infraestructuras e Medio Ambiente do Concello de Ourense xunto o enxeñeiro de Infraestructuras, o Deputado de Cooperación xunto ó Director de Área de Medio Ambiente, a Xefa Territorial de Medio Ambente da Xunta na provincia, o Alcalde de San Cibrao das Viñas, o Vicepresidente CEO, o Presidente do polígono Induntrial de San Cibrao das Viñas, Representantes da Asociación Ríos Limpos e a Presidenta da AAVV Barbaña.
O Subdelegado propuxo crear unha comisión Permanente para establecer unha canle común e coordinar as diferentes administracións para levar a cabo solucións concretas ó problema de contaminación no Río Barbaña.
Na reunión o Presidente da CHMS, J. Antonio Quiroga informou sobre as medidas que se están iniciando dende a Confederación para dar solución inicial ó problema en cuestión. Proxecto que está iniciado, e segundo Quiroga, en febreiro dará un salto cualitativo e a mediados de ano avanzará a unha segunda fase. Dotado con 16 millóns de euros será unha solución inicial, aínda que o presidente da CHMS aclarou que se precisará da colaboración do resto das administracións sobre todo en canto á concienciación sobre a problemática.
As diferentes administracións representadas na reunión amosaron colaboración e aplaudiron a idea que parte da subdelegación, para coordinar as solución e traballos sobre a contaminación do río. E se recolleron propostas de todos os alí presentes para darlle forma en próximas reunións, tanto a nivel institucional coma de colectivos ecoloxistas e veciñais presentes. Así mesmo se acordou convocar ós presidentes de Polígono Barreiros e Pereiro como partes afectadas para participar nas vindeiras reunións.
Por parte das asociacións veciñais e ecoloxistas representadas a través de Asociación Ríos Limpos e AA.VV Barbaña, celebraron a iniciativa e instaron a que as solucións veñan a corto plazo, e que o traballo sexa dinámico e coordinado. Así mesmo adiantaron propostas e debates para tratar o tema cos técnicos e representantes institucionais presentes.