O Auditorio de Ourense amosa o talento de dous autores da nosa cidade, o do músico Luís Cepeda e o do dramaturgo Tito Asorey. En ambos casos, por partida dobre, xa que haberá dous pases dos respectivos espectáculos. As entradas están á venda en www.ataquilla.com ou no despacho de billetes do Auditorio dúas horas antes de cada función.
Cepeda: xira Principios
Con todas as localidades esgotadas para o primeiro concerto (o do venres 25 ás 21:30 horas), Luís Cepeda repite o sábado 26 ás 21:30 horas co recital da xira Principios. Entradas á venda a 32,40 euros no anfiteatro e 37,80 euros no patio de butacas.
O empapelado amarelo. A quinta do cuadrante
A nova dramaturxia de Tito Asorey e de Melania Cruz. Teatro en galego recomendado para + 15 anos. Na sala principal e con capacidade máxima para 100 persoas. Dúas funcións o domingo, 17 de xaneiro: ás 18 e ás 20 horas. Entradas:5 euros.
O empapelado amarelo é un espectáculo teatral unipersoal baseado no relato autobiográfico homónimo publicado no século XIX pola autora norteamericana Charlotte Perkins Gilman, un referente feminista de gran importancia na historia da literatura universal. A proposta escénica busca dialogar coas palabras da escritora desde a nosa contemporaneidade a través da palabra, o ritmo e as atmosferas visuais e sonoras nunha viaxe sensorial liberadora cara aos territorios da loucura e da lucidez.