Como o Entroido ourensán dura máis aló dos tres días fortes, a portada mostra o Domingo Fareleiro que se celebrou en Xinzo como primeiro día de celebración. Por Xantar pasaron máis de 24.000 visitantes nos días días do Salón gastronómico. O Sala Ourense gaña e cada vez ten máis preto a salvación. Pepe Araújo afíliase a Ciudadanos e apunta a candidato en Ourense.
A finais de marzo estarán rematadas as obras da avenida Otero Pedrayo. A Xunta ofrece axudas ás entidades locais por máis de 5 millóns para promocionar a gualdade.
Bombeiros e alcalde continúan enfrontados polo aumento de efectivos no Parque; os bombeiros queren unha oferta de empleo pública, mentres que o alcalde ofrece cubrir as vacantes con interinos.
Os autónomos de Ourense manifestaranse este venres fronte á Subdelegación do Goberno reclamando que se lles equipare os seus dereitos con calquera outro traballador.
En Xinzo, PP e PSOE reclamarán, na Xunta e Deputación un auditorio para a vila; desde Xinzo Adiante critican que agora «se suban ao carro» dunha proposta que xa fixera XA fai tempo. O domingo, 24 de febreiro, o hipódromo de Antela acolle o cross provincial – I cross de Antioquía.
Trasmiras conta co seu primeiro PXOM e Rairiz de Veiga quere impulsar a agrogandeiría.
O grupo San Sebastián da capital limiá humanizarase cun orzamento de 120.000 euros. O BNG critica ao PP polas obras do Toura e rúa do Peto.
En deportes, a derrota do Campus Ourense Rugby de División de Honra B diante do líder, Bathco, o apea do soño de loitar por entrar no playoff de ascenso.
Este sábado, 16 de febreiro, o complexo deportivo de Monterrei acolle o Campionato de Galicia de campo a través -Xogade-.
En Terceira división soamente o Ourense C.F. foi quen de vencer na última xornada disputada.
O COB regresa á competición recibindo no Pazo a Castelló (sábado, 19 horas).
Artigos, clasificados, humor e máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha