Asegura que están en conversas para concurrir en 20 concellos da provincia.

Espazo Común, a nova formación encabezada por Pachi Vázquez

O segredo a voces que comezou no Carballiño e continuou na capital xa non é tal. Pachi Vázquez vén de presentar a nova formación política denominada Espazo Común. A mesma, como el mesmo dixo, conta cunhas 400 persoas (sobre un 60% proveñen do Partido Socialista) e asegura que está en virtude de concurrir en, ao redor, dunha vintena de municipios nas vindeiras eleccións municipais; ademais, asegurou ter contactos con xente nas outras tres provincias galegas.

Na rolda de prensa, o que fora alcalde do Carballiño e conselleir de Medio Ambiente representando ao PSOE, estivo acompañado por outros exsocialistas; xunto a el sentáronse Ana Rodríguez, exportavoz dos socialistas en Maceda; Francisco Fraga, exportavoz do PSOE na Deputación; e María Quintas, exconcelleira de Ourense e deputada autonómica. Ademais acompañounos Adolfo Nogueira, agora non adscrito no Concello do Carballiño.

Candidato
En canto a se vai ser ou non candidato, Pachi Vázquez non quixo adiantar nada concreto e tirando de sorna dixo que «nin me vexo nin non me vexo» nunha candidatura. O que si afirmou foi que non vai animar á xente a incorporarse a este movemento «e logo quedarme eu na zona de confort», polo que «presentareime onde sexa preciso facelo».

Cidade
En canto á cidade comunicou que están en conversas para que lidere a candidatura na capital da provincia unha muller, aínda que non teñen nada pechado.

Chamamento
Durante a comparecencia declarou que ía a negociar co partidos «do centro cara a izquierda», aínda que non lle importaría pactar con formacións de dereita, como o PP, «para sacar adiante o PXOM e os orzamentos da cidade de Ourense», por exemplo.
Ademais fixo un chamamento a todas as persoas que se sintan identificadas con este «Espazo Común» para formar parte do proxecto. Definiuno como un partido socialdemócrata, galeguista, progresista e constitucionalista.