Rio Ourense Termal e Levitec Huesca veranse as caras no Paco Paz este sábado, 2 de marzo, a partir das 19 horas. Os dous suman 14 vitorias polo que o partido se antoxa vital para os intereses duns e doutros para estar a final de curso en playoffs.
Nunha LEB Ouro tan igualada (da segunda posición á décima hai tan só dúas vitorias de diferenza) o basketaverage será clave no final de tempada. Na sétima xornada os oscenses venceran aos ourensáns por cinco puntos de diferenza (79 a 74), polo que ademais da vitoria, os homes de Gonzalo García de Vitoria tentarán que esta sexa por máis de cinco puntos.
O Huesca é un equipo que está a render a un gran nivel se temos en conta que dous dos 10 xogadores teñen pasado na LEB Ouro (Agustí Sans e Kenan Karahodzic), o resto son noveis na competición, o que lle da máis mérito ao rendemento que ten o equipo dirixido por Guillermo Arenas.
Na rolda de prensa previa ao encontro, o técnico cobista loaba ao conxunto aragonés tildándoo coma unha das sensacións da Liga. Gonzalo García de Vitoria agarda que, a pesar de ser unha mala data (co Entroido nestas datas), agarda que a xente acuda ao Pazo a ver o encontro.
Ademais, o adestrador aseguraba que este é un partido contra un rival directo de cara ao playoff. De Vitoria, cre que entre Huesca, Valladolid e o propio COB disputaranse dous posto de promoción «un de nós quedará fóra».
Entroido
Para o partido deste sábado, o COB lucirá unha equipación coas máscaras dos entroidos máis característicos da provincia de Ourense. Ademais estará á venda por 30 euros cun desconto de cinco euros para os socios do club.