A película sueca proxectarase o mércores, 20 de marzo.

Border, no Padre Feijoo

Esta semana o cineclub Padre Feijoo proxecta a película Border, do director Ali Abbasi. A película levou o premio a mellor film no Festival de Cannes de 2018, ademais dos mellores efectos visuais nos Premios do Cine Europeo.

Border poderase ver, dentro do ciclo Converxencia, o mércores, 20 de marzo e haberá tres pases (ás 18, ás 20.30 e ás 23 horas) na biblioteca pública. A entrada ten un custe de 4 euros para socios e de 5 para os non asociados.

Border
Tina é unha axente de aduanas recoñecida pola súa eficiencia e polo seu extraordinario olfacto. Dá a impresión de poder cheirar a culpabilidade dun individuo. Pero cando Vore, un home aparentemente sospeitoso, pasa xunto a ela, as súas habilidades póñense a proba por primeira vez. Tina sabe que Vore oculta algo, pero non logra identificar que é.