Do 2 ao 7 de abril chega a quinta edición da Ourense ICC Week, a Semana das Industrias Culturais e Creativas, na que como cada ano non faltarán propostas, iniciativas e personalidades referentes do mundo audiovisual, a música, a moda ou a tecnoloxía, onde a creatividade é a base do seu bo facer, e os cales a través de ponencias, charlas, entrevistas e un sinfín de actividades convertirán a nosa provincia nun marco sen igual para o intercambio de ideas e coñecementos.
Ágatha Ruíz de la Prada, Purificación García, Iker Jiménez, Kiko Veneno ou José Carlos “Charly” Sánchez son algúns dos nomes propios desta nova edición. Pero a ICC Week agocha moito máis no seu amplo programa, como nos contou un dos seus organizadores, Juan Rivas.
Como evolucionou a ICC Week dende 2015?
Juan Rivas: “A evolución seguiu sempre os parámetros do principio. A mesma dirección, pór en valor as industrias culturais e creativas, estimular á cidadanía para coñecer cales son esas industrias e que fan os creativos, e conectar a Ourense con este tipo de profesionais.
Á súa vez, utilizar esta conexión cos profesionais para pór en valor o territorio ourensán e tamén conectar a profesionais ourensáns con outros de prestixio nacional”.
Os obxectivos dun principio vanse consolidando?
J.R.: “Agora a xente si que espera que se volva a realizar ano tras ano e cales son as sorpresas que pode ter cada edición”.
Que é o que nos agarda nesta edición?
J.R.: “Lonxe de que aparente ser algo profesional, creo que calquera persoa con inquietudes de cara ao cinema, a música ou mesmo a arquitectura vai gozar, aprender, é unha oportunidade para todos”.
Os asistentes poden descubrir un tema que lles guste?
J.R.: “Totalmente, na ICC Week podes descubrir que che gusta algo grazas a unha charla, por exemplo a que vai facer Trazos, os pais con nenos entre 12 e 14 anos deberían hacercarlos a coñecer a un profesional da edición de vídeos e videoxogos, para que vexan o que é capaz de facer co software de animación, é o Messi da animación 3D. Non tes por que ser profesional, chegas por inquietude e descobres un mundo novo”.
Que destacarías desta edición?
J.R.: “Ten moitos puntos quentes. Primeiro, puxemos en valor algo que cremos que é un tesouro nacional e europeo, o xadrez de San Rosendo, que pertence á Catedral de Ourense. É o segundo máis antigo de España, co cal é un elemento diferenciador, e podería ser un reclamo á altura do Códice.
Outro punto é que veña Iker Jiménez, que cumpre todos os requisitos a nivel de industria cultural, porque é un referente en comunicación, imaxe e son, deseño de programa, interacción co seu público”.
Como descubristes o xadrez? Poderase ver?
J.R.: “Unha das persoas do equipo é un gran amante da cultura de Galicia e segue a senda de todas as lendas. E desde que descubrimos a historia quixemos pola en relevo.
Temos a charla ás 10 da mañá o mércores 3 de abril no Centro Cultural Marcos Valcárcel e ás 11:30 está previsto en achegarse a ver cos relatores a velo”.