A portada trae a un dos grandes comunicadores deste século. Iker Jiménez estivo «Cara a cara» co público no Teatro Principal dentro da ICC Week. A actriz Isabel Blanco recibe o premio Celanova, Casa dos Poetas. Allariz presenta a programación da «Semana Santa ao vivo». O deportista Ngagne Faye logra a prata en Italia no europeo de shhuaijiao.
Seguindo coas campañas electorais (xerais e municipais) os partidos xa están en modo precampaña. En Marea presentou as súas propostas en materia de despoboación. Pola súa banda, Ciudadanos aseguraron que a xente está «farta» de bipartidismos. En clave municipal, Ourense Mellor presentou a Etelvino Blanco como o seu candidato; ao igual que Espazo en Común, Óscar Pérez; e o PSOE, e Rafael Villarino. Todos eles para a capital.
A ICC Week ademais de Iker Jiménez tamén pasaron xente da moda como Ágatha Ruiz de la Prada, Adriana Domínguez e Purificación García; e pasarán outros como o músico Kiko Veneno e o humorista, Luis Piedrahita.
DO denuncia que o PXOM podería retrasarse cinco anos máis; PSOE e BNG califican de “pelotazo” a “xogada”. A Xunta e a CEO avalían novas liñas de cooperación para impulsar a economía da provincia.
En A Valenzá, unha aplicación percorre as rúas e establecementos. Xunta e Concello polemizan polo transporte metropolitano. Centos de escolares celebraron o Día da Árbore.
40.000 euros para obras e reformas en Celanova. Allariz presentou o programa da Festa do Boi que terá lugar do 15 ao 23 de xuño. Sonia Vidal Lamas, gandeira de Xunqueira de Ambía (Ourense), vén de ser escollida para formar parte do Comité Coordinador da Coordinadora Europea da Vía Campesina.
A Unión Deportiva Ourense logra a primeira vitoria despois de catro derrotas consecutivas; venceu por un gol a cero ao Rácing de Ferrol. O COB vence a Prat e ten moi de cara meterse no playoff; este sábado ás 19 horas recibe no Pazo ao Bilbao. Emma Valencia logra o bronce mundial no campionato do Mundo máster de atletismo; ademais, Domingo Álvarez e Luz Mª Domínguez foron finalistas.
Artigos, clasificados e máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha