Cinco centros educativos da provincia de Ourense contan este curso cun laboratorio de radio na súa biblioteca escolar a través do programa Radio na Biblio, impulsado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteita, visitou o CEIP do Xurés, en Lobios, e compartiu co seu alumnado unha xornada deste proxecto que busca estimular o papel das bibliotecas escolares como centros creativos de aprendizaxes.
Este programa se inclúe dentro do Plan de Mellora de Bibliotecas (Plambe) que ten como obxectivo aportar un apoio extra, por parte da Administración educativa, para a actualización dos fondos bibliotecarios, a renovación do mobiliario e doutros equipamentos necesarios e para a prestación dos servizos da biblioteca.
Radio na Biblio busca que o alumnado avance na adquisición de competencias internacionais e mediáticas, imprescindibles na sociedad actual. Ademais, búscase ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo na comunidade educativa.