O Campus Ourense Rugby caeu ante o Ciencias no partido de ida da fase de ascenso.

Chegaba o Campus Ourense Rugby a esta fase de ascenso -a División de Honra- sen nada que perder. E no primeiro partido contra o Ciencias o demostrou. A pesar do resultado (0-36) non foi tanta a diferencia entre sevillanos e ourensáns, e iso que os andaluces son os favoritos ao ascenso.

Durante o encontro, os pupilos de David Monreal demostraron que a ilusión e un condicionante fundamental para afrontar calquera reto. A pesar de que non periguou en ningún momento a vitoria visitante sobre o campo das Lagoas, o certo é que os locais despregaron un xogo moi vistoso.

Volta
Agora toca o partido de volta. Será este sábado na Cartuja (Sevilla). Os ourensáns buscarán, alomenos, lograr algún punto. Algo que sería histórico -puntuar nunha fase de ascenso á Divisón de Honra- para un equipo que cada ano crece un pouco máis.