Inés Iglesias, catedrática acreditada de Dereito Procesual, involucrouse con Ciudadanos para para lograr a “necesaria” rexeneración democrática.
Que propostas levará vostede ao Congreso para mellorar a situación da provincia de Ourense?
Inés Iglesias: «En tal sentido, me gustaría destacar unha serie de medidas que tratan de correxir os principais problemas da provincia de Ourense:
1. O problema do paro e alta tasa de desocupación, sobre todo resulta preocupante o paro de lunga duración femenino, e a desocupación xuvenil, para iso se plantexan medidas que van desde o pacto de Estado pola Educación, á inversión en políticas públicas que xeneren mellora de infraestructuras y con iso xeneren riqueza e inversión na provincia, un modelo de contrato único para poñer fin á precariedade laboral e unha mochila de dereitos.
2. A despoblación del medio rural, Cs propone unha rebaixa do 60 por cento do Imposto da Renda das Persoas Físicas, unha cuota reducida para as mulleres autónomas do mundo rural e acabar coa brecha dixital, extendendo a banda ancha a todo o territorio nacional. Desta maneira se podrá tamén poñer en marcha o proxecto de creación dunha empresa en 24 horas, con papel cero, coa supresión da burocracia, dende calquera dispositivo con acceso a internet (móvil ou Tablet, por exemplo), en liña coa necesidade de poñer fin ás trabas burocráticas.
3. Mellora das infraestructuras viarias e ferroviarias: chegada da alta velocidade con estación intermodal xa e melloras das existentes, a medio ou lungo prazo cunha liña de cercanías que revitalice pobos y xenere mellores comunicacións entre o campo e os núcleos urbanos da provincia, e mentres a creación dun bono de transporte para todo tipo de transporte público con prezos baixos que permitan a comunicación a nivel provincial.
4. Apoio á natalidade e a todo tipo de familias con independencia de orientación sexual (familias LGTBI), ampliación do concepto e beneficios de familias numerosas a familias monoparentales ou de dous fillos.
5. Medidas fiscales tales como a supresión do impuesto sobre sucesiones, como xa é en Andalucía.
6. Medidas para a conservación da biodiversidade con políticas activas de prevención de incendios forestais e protección dos ecosistemas naturais todo o ano.
7. Inversións estratéxicas para potenciar o turismo termal e de congresos en Ourense.
8. Preocupación polos traballadores autónomos, con medidas concretas para garantizar a súa viabilidade, con medidas concretas como que non pagarán cuotas dous anos despois do permiso de paternidade/maternidade ou de tres anos se están no rural.
9. Pensións garantizadas e actualizadas para que non haxa pérdida do poder adquisitivo dos nosos maiores. Compatibilidade a súa vez do disfrute da pensión co traballo por parte dos traballadores autónomos que podrán seguir desenvolvendo a súa actividade se así o desexan, sen ter que renunciar á pensión de xubilación. Ademáis, no cómputo abogamos porque poida contabilizarse toda a vida laboral.
10. Defensa do principio de igualdade de todos con acceso nas mesmas condicións á Sanidade e a Xustiza, e cunha Educación Pública de calidade: impulso da tarxeta sanitaria única, pacto do Estado pola Educación e reformas procesuais para correxir disfuncións actuais do sistema xudicial».
Por que cre que a súa opción política beneficia á nosa provincia?
I.I.: «Como se pode comprobar a nosa situación coincide con moitas das esixencias derivadas da Igualdade, é dicir, a nosa provincia ata hoxe era discriminada respecto a outros territorios do Estado español, e o tratamento igualitario que propón Ciudadanos significa correxir as deficiencias existentes en Ourense. Significa poñer fin á corrupción política, ás designacións políticas e non por mérito e capacidade e supón apostar pola modernidade e a rexeneración democrática. É dar un paso cara ao futuro e deixar atrás o pasado, o bipartidismo que non soubo ou non quixo solventar os problemas endémicos, tales como a despoboación e a baixa natalidade, un paso cara a prosperidade e a creación de emprego, con riqueza e oportunidade para todos».
E como beneficiará ao estado en xeral?».
I.I.: «O cidadán nas próximas eleccións debe considerar que está no intre de elexir entre os que o abandoaron e deixaron o país nas mans dos separatistas que queren romper España ou sumarse ao futuro de man de aqueles que teñen un proxecto de unidade, liberdade e igualdade para todo o territorio do Estado, e que queren posicionar a España no contexto europeo e internacional, con políticas de creación de riqueza e emprego».
«Este proxecto que defendo dende a provincia de Ourense e que é o que oferta Ciudadanos, o partido ao que pertenzo, e parte da necesidade de rexeneración democrática e da modernidade como reto inmediato e inaplazable, a partires do texto constitucional como eixo da convivencia pacífica de todolos cidadáns do Estado».
«A igualdade e liberdade de tódolos españoles esixe medidas concretas para correxir as desigualdades existentes entre os que viven no campo e na cidade, entre aqueles que teñen traballo estable e quen o ten precario, entre aqueles que non poden acceder a Sanidade por mor das distancias con centros de saúde, procurando inversión, riqueza e traballo…».
«Para todos estes problemas propóñense solucións concretas tales como: un pacto de Estado pola Educación, cunha selectividade única e con o castelán como lingua vehicular e considerada mérito e non requisito para acceder á función pública e con iso posibilitar a movilidade no territorio do Estado dos funcionarios públicos, a necesidade de dotar e modernizar as infraestructuras viarias e ferroviarias (coa necesaria e inmediata chegada do AVE a Ourense); as medidas para correxir a despoboación no eido rural (rebaixa do IRPF, eliminar a brecha dixital, medidas para traballadores autónomos con reducción das cuotas das mulleres o xoves menores de trinta anos e bonificacións por mor da maternidade/paternidade dos autónomos tres anos despois de disfrutar dos permisos de paternidade/maternidade), a necesaria estabilidade no emprego e a garantía das pensións dos nosos maiores e por ende dos futuros pensionistas, nun mercado laboral estable con bonus para as empresas que menos despidan), con contratación indefinida de modo que as familias poidesen elexir a posibilidade de ter fillos e con isto asegurar ao tempo a viabilidade do sistema de pensións».
«Ciudadanos tamén aposta por tódolos modelos de familia (monoparentais, LGTBI, numerosas…) sen discriminación algunha, con accións de conciliación laboral, tales como o incremento dos permisos de paternidade ata as dez semanas para cada un dos proxenitores por exemplo, coa gratuidade da educación de cero a tres anos e con iso loitar contra a brecha salarial entre homes e mulleres o que ademáis supón un cambio de paradigma para a efectividade da igualdade de todos».
«A sanidade tamén se plantea coma una necesidade e por tanto se implantará a tarxeta sanitaria única e un expediente clínico único e procurárase a existenza de servizos de atención a dependencia con efectividade coas dotacións económicas necesarias. A despolitización da Xustiza para garantizala súa independencia, de modo que o mérito e a capacidade sexan os únicos criterios de ascenso na carreira xudicial e de conformación do Consello Xeral do Poder Xudicial. Este órgano debería ser designado polos xuices e non polos integrantes dos partidos políticos con representación nas Cámaras Lexislativas. A despolitización determinará a supresión dos aforamentos, como en Murcia, a iniciativa de Ciudadanos, previa a reforma constitucional en toda España, e a limitación dos indultos a casos residuais en de natureza non política.
A necesaria atención ó medio ambiente, plantaremos dez arbores por cada español nesta lexislatura e protexeremos os nosos montes con medidas de prevención de incendios, con brigadas estables que desbrocen e limpen os nosos montes e que permitan a contratación de axentes forestais vinculados a vixilancia dos montes e a prevención de incendios e a reforestación. Todo iso a cargo de fondos europeos, do Fondo Agrícola Europeo para o Desenvolvemento do medio rural, e nacionais para o mesmo fin».
«No eido da política fiscal destaca a supresión do impuesto de sucesións e donacións en toda España para familiares directos y con reduccións importantes para irmáns, tíos, sobriños, e parentes por afinidade».
«Aínda que son moitas máis as medidas necesarias e que se contemplan para España, quería poñer o énfasis nestas que considero máis urxentes».