O conselleiro de Medio Rural reuníuse con agrogandeiros, pataqueiros, ecoloxistas, regantes e asociacións profesionais agrarias.

Unha mesa para unir esforzos na Limia

O salón de plenos do Concello de Xinzo de Limia foi o lugar elexido para a primeira reunión da xuntanza da Mesa da Limia, que foi presidida polo conselleiro do Medio Rural, José González. Á mesma acudiron representantes do sector agrogandeiro, pataqueiros, ecoloxistas, regantes, asociacións profesionais agrarias e responsables doutras administracións.
O obxectivo desta xuntanza era buscar solucións ao conflito dos residuos escoitando, por parte do conselleiro, as demandas e preocupacións dos axentes económicos e sociais da bisbarra. En definitiva, apoiar o mantemento dunha actividade agrogandeira rendible e sustentable nesta comarca.
A Xunta de Galicia pretende poñer en valor as terras agrarias. Para iso, estase a elaborar unha lei específica.

Auga limpa xa!
A plataforma veciñal Auga limpa xa! celebra a constitución da Mesa da Limia, xa que a consideran como “un instrumento indispensable de diálogo entre os distintos actores sociais, económicos e políticos”. Desde a plataforma ven o “inicio da busca de solucións efectivas para a contaminación dos acuíferos” por mor das “máis de 400 explotacións gandeiras industriais”. Ademais, esixen que se desevolva pronto o plan de tratamentos de residuos e aplauden que tanto a Xunta como Coren recoñeceran que urxe poñelo en marcha.

MEL
Desde o Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) loubaron que o conselleiro “cumprise” coa súa palabra de abordar a “problemática dos residuos” que xeran as industrias de produccion intensiva de carne. Manuel García (representante de MEL) só botou en falta a ausencia da Confederacion hidrografica. Considera que aínda están a tempo de “revertir a situación”, e mostrabase esperanzado coas palabras do conselleiro ao asegurar que “o futuro pasa por producir alimentos de calidade respetando o medio ambiente, prezos xustos para os agricultores ou que as empresas deben de asumir a xestión dos residuos como un coste mais de producción”. Tamñen valora positivamente que Coren “reabra a planta de tratamento de xurros” aínda que considera que precisarán “algo mais que esta planta para neutralizar o enorme volume de xurros que produce a sobredimensionada cabana porcina”.