O pavillón municipal de Luintra acollerá este sábado, 20 de abril, a 2ª edición do Trofeo de Kickboxing, na especialidade de Tatami Sports, no que se darán cita máis dun centenar de deportistas.
A competición comezará ás 10 horas coas eliminatorias de cada categoría e peso, ata ás 13.00 horas. Pola tarde, celebraranse as finais, desde as 16 ás 18 horas, coa entrega de medallas aos participantes, sendo en total máis de 150 encontros os que se realizarán. A entrada ao evento será gratuíta.
O evento organizado polo club Escola Deportiva de Kickboxing Nogueira de Ramuín será xornada oficial da Liga Galega de Clubs 2019.