Nesta ocasión a portada trae o devastador incendio que se produciu nas Termas da Chavasqueira deixando a instalación feita cinzas. Ademais facemos un especial sobre as eleccións: tanto as que se celebran este domingo, 28 de abril (xerais), como as do 26 de maio (municipais).
Entrevistamos a Fernando Valcárcel, autor do libro «Gran Hotel Roma» e colaborador deste xornal co seus espazo «Arquivo visual». A Asociación de Veciños As Termas defende melloras para o barrio; no que vai de ano presentaron máis de 30 escritos por rexistro. A AVV Peliquín celebrou, a principios de mes, a festa de San Lázaro, con música e atraccións ademais dunha procesión.
Democracia Ourensana continúa coas denuncias ao PXOM e mostra o seu apoio aos bombeiros. Rabo de Galo reclama máis atención e pide melloras na zona. Moteros solidarios organizou unha xuntanza nacional.
No Carballiño, a Praza de Abastos organiza un sorteo polo seu 90 aniversario. Celebrouse a segunda edición de “Carballiño Cardiosaudable”; como novidade este ano organizouse unha andaina. 16 traballadores sumaranse aos equipos de medio ambiente e obras que reforzarán as brigadas.
En deportes, o Club Ourense Baloncesto terá ante Araberri a opotunidade de meterse en playoff; o partido terá lugar este venres ás 21 horas no Paco Paz. O derbi no Couto de Terceira división entre UD Ourense e Barco saldouse coa vitoria dos visitantes desvancando aos primeiros dos postos de promoción.
Artigos, clasificados, axenda e máis neste novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha