Celébrase esta fin de semana (os días 27 e 28 de abril).

Campionato de scalextric en Barbadás

A asociación “Mangallo Slot” organiza un evento que reunirá a aficionados de todo o país no circuito ubicado na Finca Fierro. A primeira edición de ámbito nacional do “Open de Barbadás” foi organizado co obxecto de englobar a todos aficionados de ámbito nacional.

O “open” consta de 8 probas e unha delas desenrolarase os días 27 e 28 de abril en Barbadás, no circuito que a asociación “Mangallo Slot”.

O campionato de España está composto por 8 probas, que se desenrolarán en diferentes lugares da península: Barbadás, Vigo, Bilbao, Mieres (Asturias), Campello (Alicante), Tenerife, Parla (Madrid) e Valencia.

Este é o primeiro campionato de open que se desenvolve durante 8 meses. Un total de 78 participantes percorrerán o circuito de escalextric que creou o clube Mangallo Slot na Finca Fierro.

Xornadas
A xornada do día 27 iniciarase coas verificacións dos vehículos, seguindo o mesmo proceso ca nun rallie de vehículos.
O sábado os vehículos realizarán 3 pasadas polos diferentes circuitos: pola mañá os protagonistas serán os conductores locais e pola tarde os que veñen do resto de España.
O domingo 28 de abril os preto de 80 participantes realizarán 2 pasadas novamente por todos os circuitos e a partir das 15 horas procederase á entrega de premios.

Correranse 10 categorias: WRC, S, SNGT, SNR, N, NCL, SNCL, DAMAS, INFANTIL e COPA CAPRI SRC.
Esta competición é puntuable para o IV campionato de España de openes e está patrocinado polo Concello de Barbadás.
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, destaca a continuidade e crecemento dos campionatos provinciais e do Open benéfico “Pel de Mariposa, organizados polo clube “Mangallo Slot”.
Varela sinala que “dende o Concello de Barbadás queremos amosar o apoio e colaboración á celebración de eventos deportivos que poñen a Barbadás no mapa deportivo provincial, galego e nacional”.