– Entrevista a Consuelo Vispo. PP
– Entrevista a Xosé Carlos Valcárcel. PSOE
– Entrevista a Serafín Núñéz. BNG
– Entrevista a Fina Varelas. DO
– Entrevista a Ramón Padrón. CxG
– Entrevista a María José Fernández. Cs
– Entrevista a Ana María Rodríguez. ESCO
PSOE e BNG gobernan en coalición desde 2015 no Concello de Barbadás. O Partido Socialista, con cinco edís, e o Bloque Nacionalista, con tres, fixeron alcalde ao socialista Xosé Carlos Valcárcel, con Xosé Manuel Fírvida como Tenente de alcalde. Na corporación municipal a lista máis votada fora a do Partido Popula (con Consuelo Vispo ao fronte) logrando seis edís. Democracia Ourensana (dous edís) e Compromiso por Galicia (con un) forman parte da corporación.
Hai catro anos, os populares lograron 1.826 dos 5.487 contabilizados. Os socialistas lograron 1.448; o Bloque, 862; Democracia Ourensana, 630; e Compromiso por Galicia, 504.
Este ano, ademais destas cinco formación preséntanse outras dúas: Ciudadanos e Espazo Común.
Tralo 26M saberase se o bipartido PSOE-BNG continuarán gobernando o Concello de Barbadás ou se haberá outros pactos, ou se ben unha formación logra a maioría absoluta.