Jorge Bermello considera que sería “tan lamentable como ridículo que o mestrado ó que aspira o Campus ourensán sexa implantado na Escola de Camiños da Coruña”.

VOU reclama «firmeza» na defensa da implantación do mestrado en enxeñería aeronáutica en Ourense»

Vivir Ourense (VOU) expresou o seu respaldo á Escola de Enxeñería Aeronáutica na procura do mestrado de posgrao, dado que “é unha aposta acaída para fornecer o grao que se imparte na escola”, segundo apuntou o cabeza de lista ó concello de Ourense por esta formación, Jorge Bermello, despois de porse en contacto con representantes da Escola.

“Sería un contrasentido que a formación de posgrado en Enxeñería Aeroespacial poidera ser adxudicada a outra escola allea a esta titulación, como pretende a de Enxeñereía de Camiños de A Coruña”, apunta Bermello, quen reclama á Xunta que “se pronuncie canto antes dando fin a esta pretensión disparatada e consolidando os estudos complementarios para unha titulación que camiña con paso firme para convertirse en referente no eido aeronáutico”. Neste senso, apunta o candidato de VOU que “os estudos vencellados á eneñería aeronáutica deben estar en Ourense, porque xa existe un grao na materia e, ademáis, é onde está ubicada a empresa máis importante de Galicia na fabricación de compoñentes aeronáuticos, como é Coasa”, coa que o Campus de Ourense xa mantén colaboración estreita.

“Deixar que un mestrado en enxeñería aeronáutica se implante nun campus galego que non sexa o de Ourense constituiría un feito insólito e resultaría ridículo na comunidade universitaria de todo o Estado español”, conclúe Jorge Bermello.

Actividade
Por outra bande, os membros da candidatura de “Vivir Ourense” adicaron o primeiro día de campaña a visitar colectivos e barrios do concello. Entre os encontros figuran cos responsables de UGT en Ourense ou nais e país do colexio da Ponte, para escoitar as suas opinión e inquedanzas e explicarlles as suas intencións e o seu programa se teñen a responsabilidade de gobernar o concello. Co sindicato UGT, Bermello e Ana Carrera, número tres da lista de VOU, trataron asuntos relativos ó mercado de traballo e á situación do pequeno comercio, para quen “Vivir Ourense” ten contemplado un tratamento especial no seu programa, por entender que son “pedra engular na economía e na sociedade ourensá”.