Pepe Araújo deixa atrás o seu pasado popular para presentarse por primeira vez como candidato á alcaldía enrolado nas filas de Ciudadanos.
Como definiría a situación actual de Ourense?
Pepe Araújo: “Ourense está adormecida, abandonada á súa sorte pola falta de xenerosidade política por parte do Goberno e tamén da oposición nestes últimos anos.
Non hai orzamentos e o PXOM está pendente de aprobar”.
Cal é o principal problema?
P.A.: “A corporación actual non entende os problemas ou as necesidades da cidade. Hai que aprobar uns orzamentos consensuados que permitan dispoñer das partidas necesarias para ofrecer servizos de calidade e que agora mesmo non están funcionando ben, coma a limpeza, os bombeiros, a policía local, etc. E despois acordar entre todos os colectivos un PXOM para crear as infraestructuras necesarias”.
Cal sería a medida máis importante que quere levar a cabo?
P.A.: “Imos converter a Ourense dunha vez por todas na cidade de refencia a nivel termal. Nós temos un plan para facilitar as comunicacións, os accesos e as negociacións coas diferentes administracións para que todos aqueles que están desexando investir en Ourense o fagan con todas as garantías, e esa financiación pasa pola inversión privada, non polo bolsillo dos cidadáns”.
Que propostas ten para a dinamización económica do concello?
P.A.: “Queremos ter os mellores servizos. Temos que converter o Concello nun apoio, non nun obstáculo. Temos que facilitarlle as cousas aos comerciantes e os emprendedores e traer xente á cidade. A chegada do AVE pode traer moitísima xente, polo que temos que preparala para que esas persoas queiran visitala. Hai que mellorar infraestructuras, zonas verdes e ofrecer máis servizos destinados ao termalismo e ao turismo; iso tamén vai xerar emprego”.
Por que decidiu mudar do PP a Cs?
P.A.: “Nun Goberno municipal, quen dirixe é o máximo responsable, e os demáis temos que obedecer e seguir os criterios da alcaldía. Cando vin que non daba lugar a nada bo marchei. Foi un paso moi pensado e dino moi convencido”.
Como definiría a lista de Ciudadanos?
P.A.: “Un equipo integrador, con experiencia, moi formado en distintos sectores e, sobretodo, entregado a traballar polos intereses dos cidadáns. Os que formamos a candidatura queremos ver a Ourense coma una cidade de luces, non de sombras”.
Que opinión lle merece a aparición de novos partidos políticos nestas eleccions?
P.A.: “A lectura que podo facer é que algo non está ben cando por primeira vez se presentan 15 candidaturas, iso quere decir que a xente quere cambios e persoalmente creo que a diversidade enriquece”.
Pactaría para gobernar
P.A.: “Loitamos e traballamos para gañar as eleccións, non nos plantexamos nada máis alá do 26 de maio. Se gobernamos seremos xenerosos e buscaremos sempre o consenso e o diálogo e se os cidadáns nos colocan na oposición faremos oposición útil”.