Isabel Villanueva lanzouse ao mundo da literatura co seu primeiro libro «O galego mola. Palabras dá miña vida».
A youtuber galega, máis coñecida como Isashopaholic, que suma máis de 60.000 seguidores na súa canle de YouTube e nos seus perfís de Instagram, Facebook e Twitter, presentará a súa ópera prima este sábado 1 de xuño, ás 18h en Feira do libro de Ourense.
Editado por Hércules de Edicións, «O galego mola. Palabras dá miña vida» é un libro diferente e especial no que a autora mostra cunha nova faceta creativa o seu compromiso co idioma, realizando un percorrido vital a través de 24 palabras en galego acompañadas doutras tantas fotografías. Con elas, Isabel Villanueva leva ao lector a coñecer tradicións de Galicia e trasládalle a situacións e acontecementos cos que sentirá identificado.