Son varios as frontes abertas en varias disciplinas deportivas.

Semana decisiva para o deporte ourensán

Chega final de tempada e moitos equipos xa fixeron os seus exames con mellor ou peor sorte. Outros moitos chegan a un tramo do curso no que se xogan moito.

Cidade dás Burgas
O Cidade dás Burgas clasificou para a fase de ascenso á Primeira división. As de Manolo Codeso disputan unha eliminatoria contra La Concordia a dobre partido. O primeiro celébrase no pavillón dos Remedios este sábado, 1 de xuño, a partir das 16 horas. O partido de volta dispútase en terras catalanas a vindeira fin de semana. O equipo vencedor desta eliminatoria ascenderá de categoría.

COB
O Club Ourense Baloncesto chega a esta fin de semana xogándose o ascenso ao playoff. O conxunto ourensán foi quen de vencer na eliminatoria contra Oviedo por un contundente 3-0 polo que entrou, por dereito propio, na final a catro que se disputa en Bilbao.
Os homes de Gonzalo García de Vitoria xogan este sábado, a partir das 17 horas contra Palma. En caso de vitoria ourensá disputarán a final ao día seguinte, domingo día 2 contra o vencedor da semifinal que disputan entre Bilbao e Melilla.

Sincro
E este sábado tamén, o Club Sincro Ourense acude ao Campionato de Galicia de base.
As nadadoras de Base I, Base II e Base III desprazaranse a Ferrol para competir nos campionatos Galegos de Base de Verán de Natación Artística. É, desde logo, a cita máis importante para a Base xa que culmina a tempada.
Cos últimos cambios no regulamento de competicións de natación artística, neste campionato as nadadoras competirán unicamente unha rutina libre de equipo (cun máximo de 8 nadadoras) e como novidade haberá sólos e dúos na categoría Basee III. O conxunto ourensán participará nas tres modalidades.