Trece ximnastas, xunto ás súas adestradoras, do Club Ximnasia Pavillón, desprazáronse ata Zaragoza para participar no Campionato indivicual de clubs e na Copa de España de conxuntos de nivel absoluto.
O máis destacado da participación ourensá foi o quinto posto das alevíns do Club Ximnasia Pavillón, quedando a tres décimas do bronce e a cinco do ouro.
Nacional individual de clubs
En categoría sénior María Rodríguez rematou no posto 19 de 54 participantes. Sabela Rodríguez (mazas) 38. E Lucía González (cinta) 45. En alevín, María Pereira (mazas) foi 25ª e Claudia, 31ª.
Sumadas as notas en cada equipo, o alevín foi 26º e o sénior, 36º.
Copa España
Na seginda fase da Copa de España de conxuntos nivel absoluto tamén participaron dous equipos do CxP (alevín e sénior).
As sénior (Maria, Sabela, Rebeca, Paula y Sara) co seu exercicio de aros e mazas non tiveron o seu día e se conformaron coa 16ª posición.
As alevíns (Candela, Paula, Noa, Laura e Mariña) fixeron un dos mellores exercicios no que se leva de tempada estando a piques de subir ao podio.