
- Este evento ha pasado.
Exposición: ‘Obra matérica’
2 julio, 2019 - 8 septiembre, 2019
O artista ourensán Zeta amosa a súa última creacións no Museo Municipal. O espazo expositivo da rúa Lepanto acolle na súa salas I e II a exposición “Obra matérica”.
Poderase visitar até o día 8 de setembro.
Zeta é un artista ourensán diferente, que traballa con restos de materias e naturezas, pedra, madeira, cartón, ferro, cola, pigmentos… que potencian as luces e as sombras, convertendo o refugallo nunha obra elegante, e a pintura en esculto-pintura.
Zeta desde a súa expresión artística máis próxima a una corrente matérica é rica en si mesma, porque se expresa por sí soa. Na súa obra atopamos reminiscencias co vivo, co orgánico, tendencia esta preponderante na Arte europea, xa que está a rescartar continuamente a conciencia de estar vivo, con tons frío e cálidos conxugando formas puras e profundas.
O horario do Museo Municipal é: de martes a sábados, de 11:00 a 13:30 horas e de 18:30 a 21:30 horas. Os domingos, de 11:00 a 13:30 horas. Luns, pechado.