
- Este evento ha pasado.
Exposición: “En voz alta»
2 julio, 2019 - 8 septiembre, 2019
A malagueña Ángeles Sioli amosa as súas últimas creacións no Museo Municipal, na sala III “En voz alta», de Sioli.
Poderase visitar até o día 8 de setembro.
EN VOZ ALTA é un proxecto que presenta Angeles Sioli. Unha colección de 20 obras utilizando distintas técnicas, vídeo- performance, debuxo, pintura, escultura e bordado.
O proxecto comeza dicindo NON, en voz alta. Un rexeitamento radical á desigualdade entre humanos. Negación sostida no tempo, escrita coa delicadeza duns pétalos, cunha palabra necesaria e sen equívocos: NON. Un desexo de igualdade que parte dun Universo Real, que viaxa por unha utopía positiva para recrear un Universo Ucrónico, o dunha realidade na que a igualdade existise. Ángeles Sioli leva anos expoñendo cunha actitude investigadora en temas, técnicas e materiais. Este, o seu último proxecto -En voz alta- preséntase en colaboración coa ourensá Fundación Cum Laude.
O horario do Museo Municipal é: de martes a sábados, de 11:00 a 13:30 horas e de 18:30 a 21:30 horas. Os domingos, de 11:00 a 13:30 horas. Luns, pechado.