O cartel da LVII Festa do Pulpo do Carballiño xa está na rúa. 2.000 carteis comezaron a distribuirse polo Carballiño, Galicia e centros galegos de todo o mundo. Trátase do inicio do ciclo da Festa do Pulpo que culminará o domingo 11 de agosto, día da celebración gastronómica.
O cartel, que é obra da deseñadora carballiñesa Ari Quintas, foi presentado no Concello polo alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, que disculparon a súa ausencia por motivos de traballo.
Francisco Fumega dixo que se trata dun cartel moi fermoso que representa á perfección a simbiose do parque municipal coa tradición pulpeira e a do escanciado da sidra, nun claro homenaxe a Asturias, a quen se lle dedica este ano a festa.
A deseñadora Ari Quintas foi tamén a autora do cartel da pasada edición da festa, que tivo un éxito extraordinario, e que por eso se lle encargou o deste ano, que se espera teña tan boa acollida como o anterior.