Despois de acometer unha campaña de limpeza por parte do novo grupo de goberno, e previa á celebración das festas patronais (fíxose a limpeza e desinfección das rúas do casco vello conxuntamente con actuacións paralelas nos barrios de Xinzo e tamén nas pistas de aceso ao casco urbano), agora chega o turno dunha nova campaña.
Xinzo limpo en marcha «está na túa man” está dirixida a motivar a todos os veciños e veciñas para que colaboren en manter limpo os espazos públicos pero ademais colaborar con calquera acción de ornamento de espazos privados que redundarán nunha mellor imaxe do pobo.
Unha vez rematada esta campaña, quérese realizar outra, esta vez de concienciación cívica. Para elo estanse a colocar carteis nas papeleiras das rúas nos espazos públicos mais céntricos, facendo a continuación nos distintos barrios de Xinzo, así como nos pobos.
Carteis
Con cores rechamantes, cada un deles fai referencia aos distintos residuos que temos que depositar nos seus lugares correspondentes, fomentando ese hábito.
O primeiro, de plásticos, coincidindo coa campaña que se está a levar a nivel mundial.
Os outros carteis fan referencia ao depósito de lixo de cabichas, gomas de mascar, para os que se van a instalar uns recipientes que en próximas semanas estarán postos, así como os de recollida de excrementos das mascotas. Esta última está dirixido especialmente aos donos das mascotas para que se “dignen” a recoller os excrementos para que os demais veciños, non teñan que ir sorteando as deposicións, ademais dos malos cheiros.
De cara as cabichas, instalaranse máis cinseiros polas rúas e prazas, solicitando tamén aos propietarios dos establecementos hostaleiros, para que cumpran a normativa existente, e ademais de cumprir coas outras normas de limpeza, poñan en cada mesa o seu cinseiro.
Membros da policía local repartiron un bando por todos os establecementos para recordar o seu cumprimento, con aviso das sancións pertinentes se así non se fixera.
Pretenden con estas campañas de concienciación e colaboración veciñal que sexa o punto de partida dunha andaina de colaboración do equipo de goberno con «todos os veciños e veciñas que queiran vivir nun Xinzo máis limpo, mais agradable e máis saudable», dicía a alcaldesa. Desde o Concello solicita e reiteran a colaboración da veciñanza, para «vivir nun Xinzo máis agradable».