O “Ribeiro Blues Wine Festival” celebrarase no parque náutico de Castrelo de Miño, conta no seu programa con concertos gratuítos, degustación de viños e viaxe con cata de viños en catamarán polo río Miño.
O festival, organizado polo Concello de Castrelo de Miño, coa colaboración da Deputación de Ourense e do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, ten a finalidade apoiar e difundir a cultura do viño nunha actividade única que une viño e música nun festival gratuíto pensado para a promoción dos nosos viños de denominación de orixe.
Esta edición conta coas actuacións de Corey Harris Band, José Luis Pardo Band and The Mojo Workers, Aurora and The Betrayers, Blues Time, Vudú e Renegados.