O portavoz municipal do BNG no concello de Ourense, Luis Seara, anunciou que levará ao pleno do concello a “situación alarmante” do comercio local na cidade de Ourense.
“No ano 2018 pecharon 270 comercios, a razón dun comercio cada dous días” sinalou o voceiro nacionalista. Mais esta situación agrávase no futuro segundo estudos recentes que sinalan que haberá o peche dun 20% de comercios locais. Perspectivas, indicaba, moi diferentes ao resto de capitais provincias: “A Coruña ten récord de afiliados no sector do comercio polo miúdo; Lugo mantense nas súas cifras; e Pontevedra, que logra o maior número de empregados da última década” sinalou Seara.
Para o nacionalista, o comercio local é fundamental por tres razóns, “contribúe a fixar poboación; humaniza ás rúas e barrios da cidade e xera emprego de calidade”. Ademais, considera que as administracións poden axudar mediante “leis de carácter estatal, tendo unha Tarifa Eléctrica Galega que favorecería ao pequeno e mediano empresario”, coma “leis de carácter galego cunha Nova Lei de Horario Comercial” expuso Seara.