A mostra “Expoarte 2019” poderase ver na Sala de exposición de Verín ata o vindeiro 1 de outubro; de luns a venres, de 12 a 14 horas e de 18 a 21.
A mostra ‘Expoarte 2019’ presenta traballos realizados no curso 2018-2019 nas Aulas de Especialización da Escola de Artes e Oficios de Verín. As especialidades son cerámica, pintura (debuxo, óleo, acrílico e pastel) e talla en madeira. Os traballos que se expoñen foron seleccionados polo alumnado.
A maioría do alumnado accede ao centro buscando o uso creativo do tempo de lecer, mentres que outros buscan a capacitación profesional. Estes alumnos poden acceder ao Carné de Artesán, despois de catro anos de formación no centro. As clases na Escola de Artes e Oficios de Verín impártense, en horarios que tratan de ser accesíbeis á demanda dos usuarios, entre a segunda quincena de setembro e a primeira de xuño. Para o curso 2019-2020, está aberto o prazo para a reserva de postos escolares.