A portada desta ocasión leva por título «Fieis á tradición». Por unha banda vén ilustrada coa presentación da carreira do San Martiño que este ano chega a súa 43ª edición o vindeiro 17 de novembro; e pola outra, está un grupo que participou no desfile de «Santa Compaña» que organizou o Concello de Ourense polo Samaín.
Ademais, Centro Comercial Ponte Vella e a Fundación Cum Laude organizan o II Concurso Fotográfico de Outono, no que este ano a temática será o magosto.
O Concello de Celanova polo cal a Xunta préstalle 250.000 (sen xuros) para mellorar o albergue. A Parroira Trail da Merca tivo un gran participación.
Entramos en catro días de festa para celebrar o magosto na cidade de Ourense. O goberno municipal segue avanzando na mobilidade de vertical; para elo está traballando en seis proxectos en distintos barrios. Esta fin de semana Expourense acolle a cuarta edición de Antiq Auria, Feira Internacional de Antigüidades; ademais, o salón do automóvil entregou o cheque desconto de 6.000 euros ao gañador.
Rafael Fernández é o ourensán que se presenta ás eleccións deste 10N, vai como candidato do partido Por Un Mundo Más Justo. Desde a organización do «Pórtico do Paraís» respóndenlle ao concelleiro de Cultural despois das declaración realizadas neste mesmo medio e no que falaba deste festival.
En Barbadás estase reparando a rúa Damaso Montes. Protección Civil de Barbadás foi distinguida polo seu labor. En Allariz combaten contra as cabichas cunha campaña de concienciación. En Celanova, unha exposición achega á vida de Antonio Fraguas.
En deportes, o COB recibe ao Granada este sábado, 9 de novembro, ás 19 horas no Paco Paz. Saúl López logra en BTT as dúas primeiras vitorias da tempada. Na Terceira división continúa de primeiro un imparable Ourense CF; o Barco é terceiro. E en fútbol sala este sábado (ás 17 horas nos Remedios) partidazo entre Envialia e Burela.
Artigos, clasificados, humor e máis nas páxinas de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha