Centro Comercial Ponte Vella e Fundación Cum Laude convocan a segunda edición do concurso de fotografía digital de Outono. Este ano leva por título “Ourense: Tempo de Magostos“ e é que nesta ocasión contará cunha única temática que será o Magosto.
O obxectivo desta iniciativa é resaltar a beleza e costumes da nosa cidade e provincia.
Como na primeira edición, cada participante presentará unha soa foto e que non esté premiada noutros concursos nin comercializada dalgunha maneira.
As dez mellores fotografías levarán premio en metálico sendo para o primeiro unha contía de 300 euros; 200 para o segundo; 100 para o terceiro; e 50 para os sete seguintes.
Temática
As fotos poderán ser en branco e negro ou cor, con total liberdade de técnica e procedemento. Valorarase a orixinalidade, beleza e estética final da obra tendo en conta tamén a dificultade técnica.
As fotos poderán representar persoas, elementos da historia, tradicións, arquitectura, etnografía, lugares de interese paisaxístico ou natural actuais da provincia de Ourense relacionados coa época e a celebración dos magostos. Non serán admitidos «selfies».
A recepción de imaxes rematará o 18 deste mesmo mes. Para iso os interesados deben enviar un correo electrónico coa foto, o título, un pseudónimo e un teléfono de contacto ao mail de Fundación Cum Laude (fundacioncumlaude@gmail.com). Esta a remitirá ao centro comercial a imaxe identificada cun número. Paralelamente subiranse as fotos ás redes sociais de Ponte Vella e Fundación Cum Laude, sen identificar o autor.
Éxito
A primeira edición contou cun notable éxito, xa que participaron máis de 200 persoas deixando instantáneas de gran beleza.