O Concello de Xinzo de Limia quere recuperar actividades sobre o agro da comarca.
Para elo, organiza a I Feira do agro da Limia, Alimagro, que terá lugar do 19 ao 24 de novembros. Durante estes días celebraranse dúas feiras monográficas: por unha banda, a da pataca do 19 ao 22 de novembro; e pola outra, a de maquinaría agrícola, do 21 a 24. Deste xeito, o goberno cumpre cunha das promesas relizada en campaña electoral, que é a de «situar a Xinzo no mapa da excelencia agrícola», como avanzaba a alcaldesa da localidade, Elvira Lama. A propia rexedora recordaba na presentación que desde 2008 non se celebraba unha feira destas características, e que agora pretenden apostar pola agricultura da comarca como «piar económico fundamental».
A intención é que sendas feiras se convertan en referente e teñan continuidade no tempo, sexa de xeito bianual, anual ou mesmo cada unha nun ano distinto, cuestión que se valorará unha vez rematada a primeira edición. Para elo, agardan que as dúas feiras sexan un éxito e logren atraer a un gran número de visitantes.
Feira da Pataca
Na praza Carlos Casares será o lugar onde se instalen os stands desta feira da pataca que estará aberta durante catro días. Polas mañás realizaranse xornadas na casa da Cultura sobre inquedanzas do sector como poden ser: rego por goteo, marketing e formación, novas enfermidades, a polilla do sur ou mesmo almacenamento e conservación da pataca.
Durante a feira tamén haberá, como non podía ser doutro xeito, degustacións; e polas tardes, A escola rural de saúde ensinará as características alimentarias da pataca.
Maquinaria
A outra feira, a da maquinaria, ubicarase na chaira do Toural do 21 ao 24 de novembro. Nela o que se pretende é facer un recoñecemento ao tractor, como máquina destacada e moi vinculada a actividade da zona.
Concurso
Paralelo a este evento, o Concello organiza, coa colaboración de establecementos de hostalaría, un concurso de pinchos. Será durante dúas semanas -a da propia feira e a seguinte-. Os locais elaborarán un pincho que terá como ingrediente básico, a pataca. Ademais haberá premio para os tres mellores pinchos e sortearase entre os participantes unha estadía nun balneario. Os prezos dos pinchos serán asequibles.