O Concello anima a toda a cidadanía a participar na terceira edición da Feria da Chinita, a grande festa de irmandade da comunidade venezolana que se celebra, por segunda vez consecutiva, na cidade de Ourense. O evento, que se desenvolverá este domingo en horario ininterrompido de 12 a 22 horas, contará coa participación de grupos de toda Galicia, pero é sobre todo unha invitación a divulgar a cultura venezolana na cidade, en palabras de Lorenzo González, presidente da asociación Alma Llanera.
A accesibilidade do recinto e a súa idoneidade para xuntar gastronomía e folclore fai que as previsións da organización sexan as de superar as 2.000 persoas da pasada edición. Queixumes dos Pinos volverá achegar o folclore local, ao que este ano se unirá unha mostra de gaitas do país americano.
Venezolanos en Ourense. Só na cidade hai 6.000 venezolanos empadroados e outros tantos que contan coa dobre nacionalidade española e venezolana. “Nos últimos dous meses”, apuntaba González, “chegaban dous venezolanos por día á cidade”.
Só a provincia da Coruña ten máis venezolanos inscritos (60.000) que Ourense, en Galicia. Na nosa provincia hai máis de 20.000, principalmente nas localidades de Ourense, Celanova, Ramirás, A merca, Boborás, O Carballiño…