A primeira proba de Ciclocrós “Vila de Verín”, organizado polo Club Chinquena Racing Team en colaboración co Concello de Verín, terá lugar o sábado 21 de decembro, as 14:30 horas. Participarán un total de 300 ciclistas.
Nesta proba disputaranse as competicións das categorías -Elite- sub23 masculino e feminino, Junior masculino e feminino, Cadete masculino e feminino, Master feminino, Master 30/40/50/60 masculino e promoción (nenos/ as entre as idades 9/14), establecéndose unha única clasificación por categoría.
Desde a organización do Club Chinquena Racing Team, Roberto Rodríguez quixo agradecer ao Concello de Verín e aos seus patrocinadores o seu apoio e explicou que o percorrido elixido para esta a ocasión discorrerá pola contorna da Alameda de Verín, incluíndo un tramo urbano, así como un circuíto con obstáculos situado na zona da Preguiza. Segundo destacaron desde a organización espérase que, debido á as inclemencias meteorolóxicas, sexa unha carreira dura pero tamén dunha gran vistosidade.
Máis información: https://yosoyciclista.com/index.php/smartweb/inscripciones/prueba/15626