As súas maxestades visitarán varios municipios do Concello.

Tour dos Reis Magos en Barbadás

Barbadás non se queda atrás nas actividades que organiza nestes días de Nadal. Deporte e espectáculos irán da man da visita que fará Papa Noel o luns 23. Estará no centro de maiores do Concello, ás 16 horas, e estará na rotonda da Familia ás 19 horas (en caso de choiva recibirá aos nenos na Solaina); o Apalpador (o luns 30 na rotonda da Familia ás 18.30 horas, con visita con presentación posterior no Auditorio Manuel María. E como non, tamén pasarán por Barbadás os Reis Magos.

As súas maxestades estarán este xoves, 19 de decembro, nos colexios de Barbadás e o Centro Ocupacional As Burgas. Ademais, o xoves, 2 de xaneiro visitarán os pobos do Concello (ás 16 h en Sobrado; ás 16:30h en Loiro; ás 17 h en Bentraces; 17:30h, Barbadás; 18:h nas Lamas; ás 18:30h en Finca Fierro; ás 19h en Parada; e ás 19:30h en Piñor). Ademais, o 3 de xaneiro visitarán ás 16 horas o Diverlandia 4.0 que estará instalado no polideportivo municipal (previa retirada de invitación).
O parque da Solaina acolle os días 26, 27 e 30 de decembro e os 2, 3 e 7 de xaneiro, o Espazo Infantil.

Deporte
O xoves 26 o polideportivo municipal acolle unha masterclass de fin de ano ás 20 horas. Os días 26 e 27 de decembro, o campo de fútbol “Os Carrís” celebra o 9º clinic de porteiros.
Para o sábado 28 de decembro queda o torneo benéfico prebenxamín, a partir das 9 horas no estadio dos Carrís (recollerase alimentos para o Banco Solidario do Concello).

Espectáculos
Tampouco faltarán os espectáculos. Así, o Auditorio Manuel María será o epicentro de moitos deles. O venres 20, acolle a actuación “Cartoons”; o sábado 21, chega “A primeira vez”; o xoves 26, concerto EMMB “Sen contrastes”; o venres 27, concerto de Odaiko: “Invención”; o sábado 28, concerto benéfico: Aurum Ensemble e Coro Infantil da EMMB. (A favor da Asociación La Can). En xaneiro terá lugar o día 2, xoves, cinema coa proxección da película “Hotel Transilvania 3”. Todos os espectáculos darán comezo ás 19 horas e será preciso solicitar invitación ata completar aforo.
O sábado, 4 de xaneiro, na praza das Labercas o “Concerto de Aninovo” correrá a cargo da Banda de Música ás 12 horas.

Concurso de balcóns
O Concello de Barbadás, a través da Concellería de Comercio, ten como novidade o primeiro concurso de decoración de balcóns e xanelas Nadal 2019.
Haberá dous premios: un de 100 euros e outro de 50. Valorarase a creatividade, orixinalidade, acombinación de elementos e cores, iluminación e composición e os motivos empregados para decorar.