O martes, 31 de decembro, chega a cuarta edición desta carreira.

Ourense despedirá o ano a ritmo da San Silvestre

A San Silvestre Ourensá chega este ano á súa cuarta edición. Será, como non podería ser doutro xeito, o 31 de decembro. Ese día centos de ourensáns despedirán o ano “dándolle zapatilla”. O evento terá o seu epicentro no xardín do Posío e percorrerá as rúas do casco Vello da cidade.

Os primeiros en tomar a saída serán os de categoría pitufos. Ás catro da tarde comezará a súa carreira. Ás 16:10 horas será o turno para as categorías sub 10 e sub 12, que farán un percorrido de 1.500 metros. Os sub 14 e sub 16 farán unha distancia de 2,5 quilómetros a partir das 16:25 horas. E ás 16.45 horas chegará a proba absoluta; os participantes deberán de dar dúa voltas a un percorrido de dous quilómetros e medio con saída e chegada no Posío.

Inscricións
As inscricións estarán abertas ata o 26 de decembro de 2019 ás 20:30 h na web de carreiras galegas.(carreirasgalegas.com) Para as categorías escolares a inscrición é de balde. En canto á absoluta, ata o día 20 o prezo é de 5 euros e ata o 26 subirá a 7 euros.