A portada trae dúas novas de calado estes días na nosa cidade. Por unha banda, a intención do Concello de restrinxir o tráfico na rúa Concordia, e pola outra, a apertura da biblioteca públicada ubicada no complexo cultural de San Francisco. Ademais, Xinzo está preparado para dar a benvida a un novo Entroido.
Un novo lío aparece no Concello de Ourense. Desta vez é polo orzamento. O goberno local o ten presentado, mentres que a oposición non fixeron emenda algunha -salvo á totalidade por parte de Ciudadanos, aínda que esta figura non se contempla na administración local- pero non descartan levalo á xustiza.
Xa están a proba os contedores que se elexirán como modelo na cidade. Durante uns meses valorarase o seu uso para elexir cal deles se instaura na vella Auria.
Centro Comercial Ponte Vella entregou os premios do II concurso fotográfico de outono. En Expourense, Xantar e Funergal contan con selo de internacionalidade. A Fundación Adra, por mediación do Lapis Solidario entregou xoguetes aos máis desfavorecidos.
Barbadás acollerá o 4 de febreiro o obradoiro «Igual a nós». O Concello mantén o prezo do transporte público durante os vindeiros meses.
Está aberta a inscrición ao espazo Coworking de Celanova. A Xunta realizará melloras enerxéticas no Curros Enríquez de Celanova e no Padre Feijoo de Allariz. E seguindo con Allariz, a Poesía será o tema dos xardíns no FIXA 2020.
Xinzo contará con dúas pistas de pádel. Agricultores e gandeiros da limia fórmanse en xestión de residuos.
En deportes, vitorias de Sala Ourense, Ourense Envialia e Cidade das Burgas en fútbol sala. Os catro equipos ourensáns de Terceira división de fútbol fan balance no ecuador da competición. O COB ficha -vén cedido- ao pívot Yankuba Sima.
Artigos, clasificados, humor e moito máis no primeiro número do ano 2020 de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha