Os concellos de Xunqueira de Ambía, Nogueira de Ramuín e Piñor acollerán a “I Copa Ourense Termal – 3H Resistencia BTT”, os días 26 de xaneiro, 9 de febreiro e 1 de marzo, respectivamente.
No Concello de Xunqueira de Ambía, o 26 de xaneiro, a proba terá un percorrido de 7,52 quilómetros que comezará desde a praza San Rosendo. O día 9 de febreiro, a competición trasladarase ata Nogueira de Ramuín onde os participantes poderán gozar dun circuíto de 6 quilómetros que comezará na praza de Luíntra. E, por último, o Concello de Piñor acollerá a proba o día 1 de marzo cun percorrido de 7,9 quilómetros que dará comezo no Campo de Arenteiro. Tódalas probas serán desde as 10 ás 13 horas.
Os premios ascenden a un total de 2.400 euros.
Os interesados en participar poderán inscribirse nas categorías de individual feminina, individual masculina, e relevos (equipos de dous corredores e equipos de 3 corredores). A inscrición realizarase a través da páxina www.sportmaniacs.com ata o día 23 de xaneiro (inscrición pechada) para a de Xunqueira de Ambía, o día 6 de febreiro para a de Nogueira de Ramuín, e o día 27 de febreiro para a proba en Piñor.