Ata o día 14 de febreiro.

Semana Santa ao Vivo abre o período de inscrición para os artistas

Xa está aberta a inscrición para todos aqueles artistas que queiran participar na Semana Santa ao Vivo de Allariz.
Este proxecto cultural abarca sobre todo música, nos seus variados estilos, ademais doutras disciplinas artísticas susceptibles de realizarse na rúa, como danza, espectáculos de maxia ou teatro, entre outras.
Allariz recibe miles de turistas durante as vacacións de Semana Santa polo que, dende hai anos, o Concello organiza unha proposta cultural, que conxuga arte, tradición e cultura. Entre o 9 e o 12 de abril, as rúas do Casco histórico de Allariz acollen a artistas de diferentes estilos musicais, para amenizar o paseo de veciños e visitantes.

Prazo
A área de promoción económica do concello alaricano manterá o prazo ata o día 14 de febreiro. Para participar é preciso enviar o formulario debidamente cumprimentado que poderán descargar na páxina web www.allariz.gal/xornal. A selección será comunicada ás persoas inscritas, a través de correo electrónico, o día 2 de marzo.
Máis información na área de Promoción Económica do Concello de Allariz (dinamizacioneconomica@allariz.com 988 442 210).