O luns, 10 de febreiro chega a obra galega: «Eroski paraíso», de Jorge Coira e Xesús Ron. Contará coa presentación na sesión das 20.30 do seu productor Garpar Broullón.
Horario: 20.30 h. 23 horas.
Entrada: 2 euros, socios; 2.5, público xeral.
Sinopse
Antonio e Eva coñecéronse na discoteca Paraíso en 1989. Esa mesma noite, Eva quedou embarazada e, pasados uns meses, casaron e tiveron a Alexandra. No ano 2019 Alexandra medrou e converteuse nunha prometedora cineasta que regresa á casa para filmar un documental sobre a vida de seus pais. Pero Antonio e Eva agora están divorciados, levan anos sen verse e a vella discoteca onde se coñeceran transformouse nun supermercado Eroski.
O martes, 11 de febreiro, chega «Vivir», de Akira Kurosawa no VI Ciclo Cine e Medicina do Colexio de Médicos de Ourense.
Sinopse
Kanji Watanabe é un antigo funcionario público municipal que arrastra unha vida monótona e gris, sen facer prácticamente nada. Non obstante, non é consciente do baleiro da súa existencia ata que un día lle diagnostican un cancro incurable. Coa certeza de que se achega o final dos seus días, xorde nel a necesidade de atopar sentido na vida.
Horario: 19.30 horas
Entrada: 4 euros
E o mércores, 12 de febreiro, proxéctase «O mozo Ahmed», dos irmáns Jean Pierre e Luc Dardenne.
Sinopse
Na Bélxica actual, o destino do mozo Ahmed, de apenas 13 anos, quedou atrapado entre os ideais de pureza dos que lle fala o seu imam e as paixóns da vida.
Horario: 18, 20.30 e 23 horas.